Os hostaleiros do Salnés manifestánse “fartos de pagar os pratos rotos da pandemia”

CAMBADOS> Os hostaleiros do Salnés maniféstanse contra as novas restricións que entrarán en vigor en Vilagarcía, Cambados, Vilanova e A Illa. Dende o sector sinalan que os seus locais cumpriron con todas as medidas e demostraron que son seguros. Advirten que este peche suporá a fin de moitos negocios.

O sector hostaleiro non pode máis. As restricións de nivel alto que entrarán en vigor mañá en Vilagarcía, Cambados, Vilanova e a Illa poñen aos hostaleiros nunha situación límite. Para mostrar o seu mal estar, o sector manifestouse nas diferentes vilas fartos de pagar todos os pratos rotos da pandemia.

Os hostaleiro sinalan que este verán é clave para poder sobrevivir e minimizar as perdas coas que pecharán este ano.

As novas medidas só permitirán á hostalería abrir as terrazas ao 50%. Unha norma que levará a moitos negocios a pechar as súas portas. Os hostaleiros piden unha nova regulación que permita que todos os establecementos poidan abrir.

Os hostaleiros non entenden a dureza destas medidas, máis aínda, cando o sector demostrou que é seguro.

Ademais engaden, que son parte da solución e non do problema xa que nos seus locais si se cumprirán as medidas, situación que non se dará nas festas privadas.

As manifestación continuarán nos vindeiros como mostra de protesta. O sector tamén está organizando outro tipo de mobilizacións para que o sector poida continuar co seu traballo.