![]()
CAMBADOS> A entrega fíxose o día no que se cumpren 53 anos da morte do poeta. O galardón recoñece a labor cos cursos de verán.
{flowplayer}images/salnes/EntregaCabanillasUned.flv{/flowplayer}
Hai tres anos, cando se celebrou o cincuenta aniversario da morte de Ramón Cabanillas, o Concello de Cambados instaurou estas distincións de honra que levan o nome do poeta. Un recoñecemento co que destacar a aquelas entidades, institucións ou mesmo persoas que teñan relación coa cultura dentro do Concello.
Uns cursos de verán que cada vez teñen máis éxito e que se desenvolven no Museo do Viño de Cambados. Tratan temas como a música, o cine, ou a publicidade relacionadas co mundo do viño, e a súa demanda vai cada vez máis en aumento.
A directora da UNED recolleu esta mañá o galardón e só tivo palabras de agradecemento. Despois de recibir o galardón realizouse unha ofrenda floral na escultura que recorda a Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada. Aquí Beatriz Rodríguez puido coñecer á familia do poeta e aproveitou tamén para amosar o seu desexo de seguir colaborando por moito tempo máis co Concello.
A UNED súmase así a outros galardoados como a Real Academia Galega de Belas Artes ou o escultor Manolo Paz.
Redacción Salnés







