O BNG solicita un respaldo masivo á folga do 14-N

    VILAGARCÍA> Xoan Antonio Allegue ve nas mobilizacións a única arma útil do pobo para combater a política de recortes do goberno central

    {flowplayer}images/salnes/BngPreviaFolga_121112.flv{/flowplayer} 

    O Bng do Salnés sumarase á convocatoria de folga dos sindicatos para o vindeiro mércores 14. Dende a formación nacionalista informaron que acudirán á manifestación que sairá da Casa do Mar de Vilagarcía coas súas propias pancartas e reivindicacións. Xoan Antonio Allegue chama á mobilización masiva da cidadanía para facer reaccionar ó goberno de Mariano Rajoy.

    Dende o BNG apunta que folga é se cadra máis necesaria en Galicia polos baixos salarios e pensións, pola proliferante emigración xuvenil e pola menor cantidade de población activa que rexistra. Allegue sinalou que a política de recortes levada a cabo dende Madrid non fai máis que agravar a actual crise.

    Durante a xornada de mañá o BNG fará o seu propio reparto de panfletos chamando á cidadanía á folga. Comezarán polas oficinas do Inem en Vilagarcía. A manifestación que sairá ás 12:00 da Casa do Mar rematará na praza de Ravella, ante a casa do concello.

    Redacción Salnés