CALDAS > Juan Manuel Rey presentou hoxe o programa electoral que o PsdeG PSOE ten previsto para os vindeiros…
…4 anos. Segundo os representantes do partido na vila, trátase dun proxecto factible feito cós e para os veciños. O actual alcalde da vila repasou as liñas xerais deste plan e presentou o seu obxectivo número un: o tralado e a mellora do centro médico. Innovador, serio, comprometido e realizable. Así definen os socialista caldenses o seu novo programa electoral. Segundo o partido socilaista, tanto a renovada lista do PSOE en Caldas como os veciños da vila traballaron conxuntamente para que este proxecto sexa unha realidade.
O candidato tamén desvelou o seu obxectivo número un para esta lexislatura: o tralado do centro édico e a mellora na oferta de especialidade. Juan Manuel Rey, actual alcalde da vila, apuntou á vocación vencedora do partido.
Durante ó acto, Juan Manuel Rey asegurou que é un honor e un luxo participar como candidato socialista nestes comicios e expresou a súa opinión sobre a candidatura dos Independentes de Caldas de Reis. Este participan por vez primeira nuns comicios. Afirmou que se trata dun partido ‘auspiciado por Louzán’ Rey afirmou que Caldas de Reis vive unha eclosión de infrestructuras, repasou as liñas xerais do seu programa e falou dos principais obxectivos en materias como vivenda pública, infrestructuras, servicios socias e cultura.
Redacción Salnés