Multiplícanse as reaccións oficiais contra os desafiuzamentos

    desafiuzamentos_100.jpgO SALNÉS> A Asociación Española de Banca ven de comprometerse a paralizar durante os vindeiros dous anos…

    {flowplayer}images/salnes/carta_desafiuzamentos.flv{/flowplayer}

    … os desafiuzamentos que se desenvolvan en circunstancias de extrema necesidade. Este acordo da patronal bancaria adoptado por razóns humanitaria xa foi trasladado ó Ministerio de Economía e ó Banco de España. Pero esta non é a única medida que ven de ser anunciada nas últimas horas polos distintos organismos como medida de presión contra os bancos; para que sexan máis humanos á hora de tomar estas drásticas decisións que deixan sen fogar a centos de cidadáns nestes tempos de crise.

    Por unha banda, o Concelleiro de Deportes do Concello de Pontevedra Agustín Fernández González ven de remitir unha carta á sucursal de la Caixa nesta cidade. Na misiva o edil reclama á entidade que paralice calquera acción que leve ó desafiuzamento de calquera veciño baixo á ameaza de clausurar as contas que o seu departamento ten nesta entidade. Este representante do goberno local entende que esta actuación é obrigada para este departamento municipal que representa ós cidadáns nestes momentos de dificultade económica nos que os cartos públicos están sendo empregados para rescatar ás entidades financeiras e ás que, a súa vez, entende que se debera axudar á cidadanía. Advirte Fernández González que xa contactaron co Colexio de Avogados de Pontevedra para facer un seguimento de calquera incidencia nesta cuestión.

    Esta contundente medida ven a unirse á outras igualmente sorprendentes como as dos Concellos de Ares ou de Silleda nas que os gobernos municipais ameazan con clausurar as contas municipais con aquelas entidades financeiras que sigan adiante cos desafiuzamentos.

    O Presidente da FEGAMP e Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xa anunciou que a vindeira semana na próxima comisión executiva da FEGAMP exporá unha declaración de respaldo ós rexedores que están a actuar para defender ós seus cidadáns, posicionando unha vez máis ás administracións local como a máis próxima á veciñanza, dentro das súas competencias.

     Igualmente, o grupo municipal socialista de Vilagarcía ven de presentar unha moción para que esta capital arousá cancele as contas bancarias con aquelas entidades que executen desafiuzamentos nesta localidade; ó tempo que solicita que se poña a disposición dos afectados o asesoramento xurídico preciso.

    Redacción Salnés