![]()
VILAGARCÍA>Tras máis dun ano de loita, a Consellería do Medio Rural e do Mar entregoulles a semana pasada os vinte permisos que tiña comprometidos.
{flowplayer}images/salnes/LazaretoEstreaPermex.flv{/flowplayer}
Reunións, manifestacións e protestas de tódolos tipos. O colectivo Lazareto leva máis dun ano reivindicando a apertura de prazas na Agrupación de Mariscadoras de Carril, sobre todo, tendo en conta as baixas que se produciron neste colectivo e a superficie coa que contan para traballar. Agora, a Consellería do Medio Rural e do Mar ven de darlles a razón e de aprobar a incorporación de vinte novos permex.
Polo de agora, foron doce as mulleres que se incorporaron ó traballo. As outras oito farano en decembro, unha vez teñan superado o cursiño previo que é obrigatorio. A Agrupación pola súa banda non recibiu a noticia coa mesma satisfacción. E é que como xa anunciaran dende o principio consideran que son demasiadas incorporacións.
Un recurso co que pretenden precisamente evitar o aumento do número de mariscadoras. Xa no seu momento conseguiran que se lles revocara uns permex xa aprobados a parte deste colectivo, pero desta volta parece que será máis complicado.
Con estes vinte novos permex, son 92 as mariscadoras autorizadas para traballar nestas concesións. A priori non é un número demasiado elevado para o terreo co que contan, pero a presidenta da Agrupación asegura que o problema é a produtividade.
Así as cousas, polo de agora, mantense a normalidade entre os colectivos e ambos agardan que continúe sendo así.
Redacción Salnés






