Essspop: Cambados dalle un xiro ás súas xornadas de escumosos

CAMBADOS> Cambados renova a imaxe das súas xornadas adicadas ós escumosos. A cita pasa a denominarse Essspop, xogando co son que fan as botellas ó seren descorchadas. Durante tres días, entre o 14 e 16 deste mes,  haberá multidude de actividades centradas neste produto, con degustación, catas e conferencias.

Showcookings, degustacións, maridaxes, catas, e concertos. Todo iso é Essspop, a nova marca coa que Cambados dá un xiro ás súas xornadas centradas nos escumosos de Rías Baixas.

Trátase dun produto de alta calidade cada vez máis demandadado entre os consumidores, que para o Concello cómpre seguir promocionando.

A oitava edición destas xornadas non só trae unha imaxe renovada: chega tamén ateigada de actividades vinculadas ó produto estrela e de música.

As propostas musicias sucederanse ó longo das tres xornadas do evento. Polo Essspop tamén pasará o prestixioso catador frances  Philippe Cesco, encargado de facer charlas destinadas ós profesionais do Concello. Outra das conferencias programas correrá a cargo de José Luis Aragunde. Fará un percorrido polos outros escumosos do mundo.

As xornadas vanse celebrar no Salón Peña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí