Cambados busca redeiras, unha profesión ‘en perigo de extinción’

CAMBADOS> As redeiras teñen futuro en Cambados. Na localidaden non queren que se perda a arte de atar redes. Ante a falta de relevo xeracional, o Concello, a Confraría e a Asociación Mulleres Salgadas únense para lanzar un curso de redeiras. Un oficio en perigo de extinción pero moi necesario no sector.

Forman parte da paisaxe dos nosos portos de sempre, pero cada vez hai menos. As redeiras van desaparecendo conforme pasa o tempo, ante a ausencia de relevo xeracional. Unha gran perda para a nosa tradición mariñeira, que en Cambados non están dispostos a permitir. O Concello, a Confraría e a Asociación Mulleres Salgadas únense para lanzar un curso de redeiras.

Malia estar en perigo de extinción, no sector son moi necesarias, polo que o emprego está garantido. O patrón maior explica, ademais, o problema que supón para as embarcacións non contar con atadoras nun porto como o de Cambados. A terceira das patas desta iniciativa é a asociación Mulleres Salgadas, que reivindica o oficio para as xeracións vindeiras.

O curso conta con dúas sesións, unha en febreiro e outra en abril. O interese pola actividade está a ser xa moi elevado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí