RIBEIRA> A marcha partiu a mediodía da estación de autobuses. Os tres sindicatos convocantes amosaron a súa satisfacción ante o masivo seguimento.
{flowplayer}barbanza/manifestacionfolgaxeralribeira.flv{/flowplayer}
A xornada destacou pola ausencia de incidentes salvo algúns enfrontamentos cos piquetes informativos que non tiveron maior repercusión.
Tras percorrer as principais rúas do casco urbano de Ribeira, a marcha concluíu na praza do concello onde tivo lugar o acto central coa lectura dun manifesto conxunto.
Ademais das tres organizacións sindicais, acudiron á manifestación outros moitos colectivos como as plataforma en defensa da sanidade e do ensino público, os afectados polas preferentes ou os avogados barbanzáns. Todos sumaron as súas voces nun berro conxunto contra as políticas do goberno central.
Redacción Barbanza