BOIRO> O pazo de Goiáns acollerá o vindeiro martes 27 deste mes de setembro o primeiro Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia. A actividade está organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural en colaboración co propio Concello e a Deputación da Coruña.
A xornada contará con diversos faladoiros que versarán sobre a propia Asociación, a situación actual do sector e tamén obradoiros de exemplos prácticos para o desenvolvemento do traballo.
Aínda que a entrada é gratuíta, cómpre inscribirse previamente, xa que a capacidade é limitada. Para máis información e inscricións os interesados poden consultar a web de xestoresculturais.gal.