O 14-N mobiliza a máis de dez mil persoas en Vilagarcía

    monifestacion14m1 copia.jpg VILAGARCÍA> Un dos incidentes da xornada tivo lugar no concello, onde os piquetes acusaron ó alcalde de ‘asasino’ por ‘dilapidar o emprego na cidade’.

    {flowplayer}images/salnes/ManifestacionVilagarcia.flv{/flowplayer}

    En máis do 80 por cento cifran os sindicatos o seguemento da folga xeral en Galicia. Porcentaxe que na comarca do Salnés podería ser mesmo superior. Os números dispáranse aínda máis ó falar da participación na manifestación celebrada en Vilagarcía esta mañá. Algunhas fontes cifraban o número de asistentes en máis de dez mil persoas.

    Con berros que piden a creación de postos de emprego, e a eliminación da política dos recortes. Milleiros de persoas se botaron á rúa esta mañá nunha manifestación que os sindicatos mesmo cualificaron de histórica. Para Comisións Obreiras, UXT e a Cig esta é a máis clara mostra do descontento da poboación coa xestión política.

    Segundo os sindicatos, estes son os motivos de que a xente se decidise a botarse á rúa e, ante esta situación, o goberno non pode facer oídos xordos. Así é que, tanto Comisións Obreiras como UXT e a Cig aseguran que isto é só o principio e que se as súas reclamacións non son escoitadas seguirán pelexando.

    Despois de máis dunha hora de recorrido, a manifestación chegou á súa fin ás portas co Concello, onde se deron cita, segundo algunhas fontes máis de dez mil persoas.

    Redacción Salnés