Lousame despide ás participantes no Programa de Voluntariado Europeo

LOUSAME> As traballadoras do Programa de Voluntariado Europeo finalizaron a súa estadía en Lousame. o concello brindoulles unha emotiva despedida en agradecemento ó seu labor de dinamización no eido deportivo e sociocultural.

O concello de Lousame  despide a italiana Letizia Saccani e a turca Fatma Erdemoglu , participantes do voluntariado “European Solidarity Corps”. Consiste nun programa europeo de actividades deportivas e culturais  que se desenvolveu durante doce meses en Lousame.

No acto participarón 120 persoas que brindaron unha despedida as 2 mozas que se amosaron moi agradecidas.

O acto foi amenizado polo Mago Teto con diferentes xogos de maxia. Rematou coa entrega do seu título Youthpass e diversos agasallos entre eles , figuras de Sargadelos , un poema de Esperanza Piñeiro e cadros de Juan Carlos Lorenzo .A xornada rematou cunha cea a que asistiu o persoal do concello.