PONTEVEDRA> Este verán varias vilas galegas engalanáronse para chegar a miles de fogares de mundo enteiro…
{flowplayer}images/salnes/premios_vila_volta.flv{/flowplayer}
… co gallo da retransmisión televisiva da Volta Ciclista a España; un evento deportivo que puxo ás Rías Baixas no mapa para moitos cidadáns e o fixo dun xeito directo, engalanada das cores vermella e amarela da bandeira nacional.
As mellores decoracións na provincia de Pontevedra tiveron premio grazas a un concurso que convocou este estío a Deputación de Pontevedra e do que agora vimos de coñecer o fallo.
O gañador dos 4.000 euros cos que estaba dotado o primeiro premio foi a Asociación Centro Comercial Zona Aberta de Vilagarcía de Arousa; un Concello que se caracteriza pola súa recente canteira no ciclismo. Nas Rías Baixas cabe sobrancear tamén o segundo posto de Cambados. O Concello e a Asociación Cambados Zona Centro decidiron donar os 1.500 euros premios da parte deste premio que comparten con Baiona á Asociación local Esperanza Salnés. Recoñécese así a labor ornamental destes dous Concellos que se deixaron notar no paso da Volta polas súas estradas; con orixinais e creativas propostas de decoración resaltando os paraxes naturais da Ría de Arousa.
O vindeiro ano, cando recunque o paso da volta polas Rías Baixas volverá tamén a reproducirse este concurso de decoración urbana; unha nova edición na que agardan superar os nove participantes da actual.
Redacción Salnés