![]()
VILANOVA> Os veciños de Baión foron vendo nos últimos anos como ían esmorecendo os negocios no centro…
{flowplayer}images/salnes/protesta_sucursal_caixanova.flv{/flowplayer}
… desta aldea de Vilanova e agora quere peche a sucursal bancaria que teñen xusto no núcleo urbano; algo ó que eles se opoñen posto que levan 37 anos sendo clientes fieis da mesma e estaban contentos co seu servicio.
E é que esta sucursal de Caixanova corre o grave risco de desaparecer por mor da fusión desta con Caixa Galicia en Novagalicia banco; non será a única nin moito menos pero os de Baión pensan que esta non é a axeitada polo servicio que presta e polo lugar no que se atopa.
Para facerse oír estes vilanoveses xa solicitaron a axuda do Concello e dos medios de comunicación posto que na entidade bancaria non lle dan explicación algunha.
De seguiren así as cousas deberán acudir a Vilagarcía ou a outro Concello lindeiro ata para facer as súas xestións máis básicas cas consecuentes molestias que lles supón, sobre todo para aqueles que non dispoñen nin de permiso de conducir nin de vehículo propio.
Amais foron moitos os que fai 37 anos se cambiaron a esta oficina cando abreu pola comodidade que supoñía para eles a súa cercanía; agora están pensando en dar as contas de baixa en sinal de protesta.
Redacción Salnés









