A gala en contra do Alzheimer AFASAL desembarca no Auditorio de Vilagarcía

    VILAGARCIA> Para os que non teñan plan esta fin de semana, o sábado en Vilagarcía celébrase a Gala Afasal. Unha iniciativa anual ca que recadar cartos a prol da Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer do Salnés. Así que xa saben, sábado as 21:00h no Auditorio de Vilagarcía. “Música, música, música” baixo este lema se organiza un ano máis a Gala AFASAL en Vilagarcía, que organiza a Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer do Salnés. Unha iniciativa coa que poder colaborar, para que a vida destes enfermos e das súas familias sexa un pouco mellor. Os organizadores sinalaban en rolda de prensa que esta será unha gala musical de diferentes estilos e para todas as idades, na que participarán diferentes músicos e cantantes da comarca. A gala terá lugar no Auditorio de Vilagarcía este sábado as 21:00 horas e terá un custe por asistente de 5 euros. As entradas poderán ser adquiridas na billeteira do Auditorio o venres 31 de marzo de 11 a 13h, e de 17 a 20h, o sábado 1 de abril, de 11 a 13h e tamén dúas horas antes da función. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/29/ptac_gala_alzheimer_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/29/ptac_gala_alzheimer_vilagarcia.mp4{/flowplayer}