Marcos Iglesias, do Junquera, preseleccionado con Galicia

marcos250_010409.jpgVILAGARCÍA> Marcos Iglesias Cordido, xogador do Grupo Junquera de futbol sala, que milita en Primeira Nacional B, participará xunto con outra treintena de xogadores nunha serie de adestramentos de onde sairá o equipo que representará a Galicia no Campionato Nacional por autonomías a finais deste mes.

O fútbol sala deixounos unha nova canda menos sorprendente. A gran temporada realizada polo Grupo Junquera non está pasando desapercibida para ninguén e por iso, un dos seus xogadores, o santiagués Marcos Iglesias Cordido, ven de ser chamado polo seleccionador galego para formar parte dunha preselección rexional.

Hoxe, Marcos, xunto con outros 29 xogadores, adestráronse no Pavillón do Barrio das Flores na Coruña buscando estar entre os elexidos para disputar con Galicia o Campionato Nacional por autonomías que se xogará en Vitoria do 24 ó 26 de abril.

O artilleiro do Junquera podería estar nesa selección se é que convence ó cadro técnico nestes adestramentos preparatorios.

Redacción Salnés