As burbullas de albariño chegan ó mercado este Nadal

    fotomarfradescopia.jpgMEIS> En total son sete as adegas que sacarán escumosos, unha delas é Mar de Frades que porá no mercado 2.500 botellas.

    {flowplayer}images/salnes/EscumososMarDeFrades.flv{/flowplayer}

    Vaian xa preparando o padal porque este Nadal poderemos brindar con burbullas de albariño. E é que sete adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas están a sacar ó mercado os seus viños escumosos.

    Esta mañá o panel de cata do Consello Regulador analizou varias mostras para garantir que cumpren os estándares de calidade precisos para amparase baixo a Denominación.

    Cunhas características propias que os diferencian do resto dos escumosos, pero que fan que non teñan nada que envexar nin ó champán francés nin ó cava catalán. Así saen ó mercado os escumosos Rías Baixas.

    Unha das adegas que está a poñer xa no mercado o seu escumoso é Mar de Frades. Nestes momentos atópanse no proceso de degüelle, o que é o paso final para que o escumoso estea rematado. De cara ó Nadal prevén poñer no mercado 2500 botellas do seu Mar de Frades Brut Nature.

    Nótase e diferénciao tanto do champán, coma do cava. O escumoso Rías Baixas ven pisando forte e con intención de converterse nun gran competidor destes dous.

    A elaboración comeza xa na viña, cunha selección das parcelas que dan a uva adecuada para o viño escumoso. Unha vez na adega, e despois de pasar pola primeira fermentación coma o resto dos caldos, este viño sométese a unha segunda fermentación, a que o converte en escumoso.

    Na botella, en posición horizontal primeiro e boca abaixo despois, pasará entre dez e doce meses máis. Despois deste período chega o último paso, no que nos atopamos hoxe, o degüelle.

    Neste punto, só queda o etiquetado, e máis importante se cabe, o contraeriquetado. O que nos dirá que estamos ante un escumoso Rías Baixas con nome e apelidos.

    Deste xeito, a Denominación salda case case unha conta pendente e equipárase as máis grandes adegas, cun novo produto que continúa abrindo o paso da DO nos mercados de calidade.

    Cata no Consello Regulador

    Na cata realizada esta mañá, o Consello Regulador analizou varias mostras de distintas adegas. Deste xeito, a Denominación de Orixe quere garantir que os viños que saían ó mercado baixo o paraugas Rías Baixas cumpren os requisitos precisos. Entre eles, unha elaboración artesá e a lo menos nove meses de fermentación en botella. Sete son as adegas que se embarcan neste novo proxecto, no que tamén se atopa un proxecto de escumoso tinto. Podería ser o primeiro escumoso tinto de España.

    Redacción Salnés