Cócteles de balde antes de irse de vacacións

     VILAGARCÍA> Cócteles gratis e a pé de rúa. Non estamos a falar dun bar, senón dunha axencia de viaxes. Con esta orixinal iniciativa Zafiro Tours pretende captar clientes

    {flowplayer}images/salnes/ZafiroTours_040613.flv{/flowplayer} 

    Esta inicitiva está englobada dentro da campaña “Me voy de vacaciones” impulsada polo Grupo Zafiro en tódalas súas oficinas a nivel nacional entre o 14 de maio e o 14 de xuño. A compañía conta con repartir máis de 13.000 cócteles por toda España e algúns deles xa se puideron desfrutar onte en Vilagarcía.

    O que pretende Zafiro TourS con este tipo de campañas é relacionar o concepto de 'Todo Incluído' nos servizos que prestan os hoteis, co 'Todo Incluído' que oferta este grupo como axencia de viaxe, á hora de buscar prezos, asesoramento e consellos para as viaxes. Todo é válido para potenciar un producto que coa crise viuse prexudicado.

    Redacción Salnés