Xuíces e fiscais opóñense ás reformas de Gallardón

    PONTEVEDRA> A Comisión Interasociativa de Xuices e Fiscais fai fronte común para dar a cara ante a opinión pública.

    {flowplayer}images/salnes/protesta_xuices_audiencia.flv{/flowplayer}

     Denuncian o estado actual da xustiza no noso país e reclaman a adopción urxente de medidas para paliar a situación de abandono na que se atopa.

    Estas medidas recóllense nun manifesto que foi lido hoxe en cadansúa concentración en tódalas capitais de provincia españolas; entre elas Pontevedra.

    Encabezando o escrito encontrábase o imperativo de retirar o Proxecto de Lei de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

    Piden tamén que se aumente o plantel de xuíces e fiscais ata acadar a media europea, sacando oposicións anuais de alomenos 250 prazas. Reclaman tamén que a xustiza sexa unicamente impartida por xuíces e fiscais profesionais e que estes deixen de contar con prazas interinas.

    Pero as súas reivindicacións continúan. Xuices e maxistrados demandan tamén unha maior inversión en medios persoais e materiais e que as taxas xudiciais sexa moderadas, para que así a xustiza poida ser áxil e favorecedora da seguridade xurídica e da reactivación económica.

    Redacción Salnés