CAMBADOS> Cambados traballa xa no deseño da programación que acompañará ao seu nomeamento como Cidade Española do Viño o ano que vén. A vila será o primeiro destino en gozar deste recoñecemento que impulsa ACEVIN, a Asociación Española de Cidades do Viño. No concello explican que levan meses dándolle forma á súa proposta que busca poñe-lo sector do viño no centro.
Co obxectivo cumprido, Cambados prepárase para un ano 2024 moi intenso. A vila vén de ser nomeada Cidade Española do Viño, un distintivo outorgado pola Asociación Española de Cidades do Viño. Para o concello é unha gran oportunidade, máis aínda sendo a primeira vez que se concede este recoñecemento.
O concello leva dende comezos de ano traballando nunha proposta, que agora terá que materializar.
Para o alcalde, o conxunto de propostas deben estar unidas polo mesmo fío condutor, mantendo sempre ao sector do viño como o gran protagonista. Porque, unha cousa está clara: o nomeamento de Cambados como Cidade Española do Viño é un gran escaparate para o municipio.
O nomeamento de Cambados como Cidade Española do Viño aprobouse o pasado 16 de outubro en Madrid, nunha asemblea extraordinaria de ACEVIN.