CAMBADOS>O xerente da Residencia Valle Inclán de Vilanova compareceu hoxe no xulgado de Cambados a raíz dunha querela por malversación de fondos que ven de interporlle a CIG e as extraballadoras. Enrique Martínez asegurou ó xuíz descoñecer as causas da demanda polo que o declaración tivo que ser adiada.
As extraballadoras da Residencia Valle Inclán de Vilanova volveron a coller as pancartas para pedirlle ó xerente que lles pague as nóminas e indemnizacións que lles adebeda. Fixérono esta mañá ás portas do xulgado de Cambados onde compareceu o xerente da Residencia, Enrique Martínez, a raíz dunha denuncia interposta polas exempregadas e polo sindicato CIG por malversación de fondos contra o propio xerente, o seu socio Francisco Janeiro e a Consellería de Traballo e Benestar.
A entrada de Enrique Martínez Núñez no xulgado cambadés tiña lugar entre apupos e insultos. A indignación destas traballadoras é moita tras varios meses de liorta. Ante o xuíz, Martínez Núñez asegurou descoñecer a causa pola que estaba citado ante a xustiza; co que a vista tivo que ser adiada para o 13 de febreiro ás 9.30 da mañá. A escusa do descoñecemento do contido da querela é de todo absurda para os sindicatos CIG e Comisións Obreiras.
Respecto ó recibimento que lle dispensaron, Martínez asegura estar acostumado a estes actos de mala educación. Unha acusación que é recíproca por parte dos manifestantes.
Á saída do xulgado repetiuse a mesma escena. Malia a saír pola porta traseira, as extraballadores e sindicalistas fixeron sentir ó xerente o seu malestar, namentres este respondía con xestos de non ser quen de terse ca risa ante elas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/valleinclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/xuizo_residencia_valleinclan.mp4{/flowplayer}