Catro rutas marítimas conectarán as dúas beiras da Ría de Arousa

    CAMBADOS> A posta en valor da Ría de Arousa como destino turístico sigue a ser prioritario para a Mancomunidade.

    {flowplayer}images/salnes/ProxectosTurismoSalnes2013.flv{/flowplayer} 

    Dende a Mancomunidade do Salnés continúan a marcarse como obxectivo potenciar o turismo máis alá da temporada estival. Enmarcadas dentro do proxecto Xeodestino Ría de Arousa, se queren levar a cabo diferentes accións que sexan suficientemente atractivas como para incrementar o número de visitantes tamén en inverno. 

    Por unha banda a través da potenciación do Camiño de Santiago, pola ruta do Salnés. De ahí que hoxe fose anunciado que se está a proxectar unha ampliación do albergue de peregríns na Armenteira, que permitirá aumentar o número de prazas.

    Por outra parte, esta fin de semana arrancarán unha serie de rutas en barco que unirán ámbalas dúas beiras da Ría. Serán un total de catro, todas elas de balde. Vilagarcía-Cabo de Cruz, Cambados-Ribeira, Vilanova – A Pobra e Ribeira-Sálvora-O Grove. En cada unha delas téñense previsto diferentes actividades e visitas guiadas.

    Gonzalo Durán aproveitou a ocasión para anunciar que está todo listo para o arranque do Obradoiro de Emprego de Hostelería, o día 17 de decembro na Lanzada. Estanse a realizar as entrevistas ós mestres e a semana que ven farase o propio cos alumnos. En total hai 36 prazas, 12 por cada un dos tres módulos ofertados e terá unha duración de seis meses.

    Redacción Salnés