Sanxenxo e o Cets firman un convenio de 30 mil euros para potenciar o turismo no nadal.

SANXENXO> O concello de Sanxenxo e o Cets firman un convenio para potenciar o turismo na vila. Mediante este acordo, destinaranse 30 mil euros para que o consorcio de empresarios desenvolva diferentes iniciativas para atraer visitantes. O primeiro obxectivo está posto na campaña de nadal.

O concello de Sanxenxo continúa coa súa aposta de potenciar o turismo na vila durante os 365 días do ano. Froito do seu traballo, chegou o convenio de colaboración coa Xunta cunha aportación de 150 mil euros. Desa cantidade, 30 mil euros irán destinados ao Cets co novo convenio para desenvolver iniciativas que atraian máis visitantes a Sanxenxo.

A primeira campaña do Cets irá destinada a atraer visitantes durante o nadal.

Para iso, seu principal público obxectivo serán os galegos e o norte de Portugal.

As previsións para a ponte de decembro son moi boas, con cifras que poderían acadar o 85%, especialmente estando aínda en vigor os bonos turísticos da xunta. Unhas cifras que agardan que se manteñan con estas iniciativas ata mediados de xaneiro.