Ambar conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos

    dereitoshumanosambar.jpgRIBEIRA> Durante toda a mañá desenvolvéronse diversas actividades coas que querían reivindicar os dereitos das persoas con diversidade funcional.

    {flowplayer}barbanza/dereitoshumanosambar.flv{/flowplayer}

    Nunha data na que o mundo enteiro conmemora a aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a asociación de persoas con diversidade funcional do Barbanza, AMBAR, quixo tamén chamar a atención sobre os dereitos deste colectivo, un dos máis vulnerables.

    Diversos obradoiros

    Durante a xornada de hoxe desenvolvéronse diversas actividades, nas que ademais dos usuarios de AMBAR e a Creba, tamén tomaron parte escolares de varios centros educativos do municipio. En total desenvolvéronse catro obradoiros “Globos dos desexos/non desexos’, ‘Abrazos’, ‘Palabras tendidas’ e ‘Mensaxes reflexivas’.

    Cadea humana

    Os actos programados remataron coa realización dunha cadea humana entre tódolos participantes que rodeou o concello e a propia praza.

    Redacción Barbanza