BOIRO> O PP de Boiro denuncia que o concello aínda non abonou as axudas concedidas ós clubs deportivos do municipio. Malia que as subvencións xa foron aprobadas hai máis de catro meses, o executivo non fixo efectivo o seu pago.
O Partido Popular de Boiro denuncia que numerosos clubs deportivos do concello lle trasladaron as dificultades para manter a súa actividade ante a demora no pago das subvencións nominativas no concello. Non entenden os populares o motivo deste retraso cando xa foron aprobadas a finais de xullo e contan con partida orzamentaria.
Os populares interesáronse pola situación no último pleno no que os responsables municipais argumentaron que se estaba a traballar na elaboración dos convenios e que o pago non se demoraría máis aló dun mes.
Dende o PP atribúan esta situación á mala xestión do executivo municipal que, din, aboca a gran parte dos clubs a traballar en precario.