Mariscos Gilmar amplía as súas instalacións en Vilanova logo de investir 1,2 millóns de euros

VILANOVA> Posta de longo das novas instalacións de Mariscos Gilmar, en Vilanova. A compañía investiu 1,2 millóns de euros na ampliación da súa planta no polígono de Tremoedo. Con 40 anos de traxectoria especializada na transformación e produción de polbo, Gilmar abre agora unha nova etapa, coa incorporación de nova tecnoloxía, a mellora dos procesos produtivos e o avance cara a novos mercados.

Con 40 anos de historia ás súas costas Mariscos Gilmar é un dos nomes propios da cadea mar-industria de Galicia. Unha compañía asentada en Vilanova de Arousa, especilizada na transformación e comercialización de polbo e que agora, catro décadas despois, dá un salto coalitativo coa expansión das súas instalacións no polígono de Tremoedo.

A conserveira acaba de inaugurar a súa infraestrutura, logo dun investimento de case 1, 2 millóns de euros, que lle permiten facer fronte aos desafíos do futuro máis inmediato, pero tamén a longo prazo. Así, con esta ampliación Gilmar incorporou á súa planta nova tecnoloxía, mellorando os seus procesos produtivos. Algo que lle permitirá abrirse tamén a novos mercados, tendo en conta que goza xa dunha importante presenza internacional.

Na posta de longo destas instalacións participou máis dun cento de traballadores e directivos, así como representantes da súa clientela e das empresas colaboradoras. Tamén representantes institucionais, como o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Manuel Vieites; o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, ou a Conselleira do Mar. Marta Villaverde puxo en valor o crecemento da compañía e a súa contribución ao incremento do valor engadido dos produtos do mar.

Gilmar resultou beneficiada dunha axuda de máis de 547.000 do goberno galego, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para este proxecto de ampliación. A empresa conta, ademais, con outra axuda concedida este ano de case 224.000 euros para melloras complementarias na súa liña de transformación.