Delafé, Siniestro, Elefantes e Uxía, cabezas de cartel en San Roque

    VILAGARCÍA>

     

    Delafé y Las Flores Azules, Siniestro Total, Los Elefantes e un concerto folk coa artista Uxía como protagonista. É o cartel que acaparará este ano a oferta musical da Festas de San Roque en Vilagarcía. Haberá oco tamén para a actuación de grupos locais e recuperaranse actividades como o Festiclown, a semana do cine o a Festa das Artes. En cando ó día grande, o da Festa da Auga, o goberno local xa está mantendo reunión cos hostaleiros para avaliar a instalación de barras e para a semana avaliará coa subdelegación do goberno en Pontevedra o dispositivo de seguridade.

     

     

    Aínda que o calendario en rigor de San Roque será do 14 ó 23 de agosto, xa desde o día un haberá programación festiva. Comezará coa semana do cine para dar paso os días 12 e 13 á tamén recuperada Festa das Artes. As noites do 17 ó 20 estarán ocupadas polos concertos de Elefantes, Folk, Siniestro e Delafé respectivamente. Serán a partir das once da noite no Parque da Xunqueira. En canto ás actuacións de grupos locais, quedan aínda por determinar lugar e hora. A noite do sábado 22 será o Combate Naval e o domingo 23 pechará o programa co Desfile de Carrozas. E non hai que esquecer a Festa da Ameixa de Carril, que figura como referente propio na oferta gastronómica de Vilagarcía na fin de semana do 14 e 15 de agosto, ou o festival das Revenidas que abrirá unha vez pechen as festas de San Roque.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/festassanroqueptac.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/FESTAS_SAN_ROQUE.mp4{/flowplayer}