CAMBADOS> O Nadal vívese dun xeito especial este ano nas rúas Nova e Albariño de Cambados. Os comerciantes da zona, molestos co concello pola escasa decoración para estas Festas, decidiron decorar ao grande os seus escaparates. Tamén puxeron distinta ambientación pola rúa. Unha medida que ademais de ser un reclamo supuxo tamén que o concello reaccionase, reforzando a iluminación de Nadal na zona.
Os comerciantes das rúas Albariño e Nova, en Cambados, saben que con pouco pódese facer moito. Para este Nadal decidiron decorar dun xeito especial os seus escaparates para crear máis ambientación. Detrás de todo isto está Mar, responsable deste establecemento, a que comezou a facer bastóns de Nadal con rolos de cartón das telas que vende.
Os comerciantes da zona tomaron esta medida logo de sentirse abandonados o ano pasado polo concello pola escasa decoración de Nadal e en previsión de que este ano ía ser o mesmo. Pero o impacto da súa iniciativa deu resultado e este ano o concello tamén reforzou a iluminación da zona.
Nesta iniciativa están a participar de momento cinco tendas. Un xeito de atraer clientela.
Tal está sendo a repercusión que xa pensan en repetir esta campaña no vindeiro Nadal.
Pois de momento gozamos deste Nadal con estes bastóns, á espera de que cheguen as festas do ano que vén para ver con que nos sorprenden os comerciantes das rúas Albariño e Nova de Cambados.











