‘Non aceptaremos ningún canxe por accións que non cotizan’

    preferentes1meano copia.jpg SALNÉS> Os afectados polas preferentes opóñense á quita imposta desde Europa e reclaman á Xunta máis axilidade na arbitraxe.

    {flowplayer}images/salnes/QUITA_PREFERENTES.flv{/flowplayer}

    O temor dos afectados cumpriuse. O ministro de Economía Luis de Guindos confirmaba onte no Congreso dos Deputados que os titulares de preferentes e débeda subordinada de caixas e bancos rescatados por Europa perderán entre un 40 e un 50 por cento dos cartos que ingresaron no seu día. É a esixencia que establece a Comisión Europea a cambio dese saneamento económico. Unha quita que se producirá ó ter que canxear os produtos tóxicos por accións da entidade. Con esta nova de fondo, os afectados do Salnés retomaban esta mañá as súas protestas máis indignados ca nunca. Advirten que non aceptarán ningunha medida que non supoña recuperar o cen por cen dos seus cartos. Máis cando se fala de cambio por accións que hoxe por hoxe non cotizan.

    A data na que se comezará a aplicar a medida non se coñece, pero podería coller a moitos afectados pendentes da resolución do seu problema a través da arbitraxe, nestes intres uns 19.500 en toda Galicia. Ou sen aínda acceder ó sistema, situación de preto de 13.000 clientes de Novagalicia Banco. Desde as plataformas quéixanse da lentitude na que entrou o proceso.

    De producirse ese cambio por accións, os titulares non poderán recuperar os cartos en efectivo nin sacalos de inmediato. Ademais, a contía que perciban no canxe dependerá do produto, tipo de interese e data de vencemento coa que adquiriu as participacións. Con este panorama, reclaman máis axilidade no proceso de arbitraxe e insisten en que a solución ó problema é exclusivamente política.

    Redacción Salnés