Cambados recibe fondos da Xunta para o fomento da lectura e a mellora das bibliotecas

CAMBADOS> Cambados foi beneficiario de varias axudas da Xunta para a área de Cultura. Ademais dunha achega de 4.000 euros para o fomento da lectura, recibiu outra subvención que permitiu ao goberno local o cambio de ventás na biblioteca de Corvillón. Esta mañá achegouse ao municipio o delegado da Xunta en Pontevedra. Coincidindo coa súa visita o Concelleiro de Cultura pediulle que traslade á Xunta a necesidade de baleirar aos concellos de competencias impropias.

Cambados sigue apostando polo fomento da cultura entre a veciñanza. Desta volta, o concello vai da man coa Xunta para o impulso da lectura. O municipio recibiu unha achega do goberno galego de 4.000 euros do programa ‘Ler conta moito’.

Ademais, Cambados foi beneficiario doutra axuda neste caso para a mellora das infraestruturas culturais. Destinouse para o cambio de fiestras da biblioteca de Corvillón. Dos 30.000 euros de investimento, a Xunta aportou 10.000 e o concello 20.000 euros. Esta mañá o delegado do goberno galego en Pontevedra visitaba Cambados, poñendo en valor as achegas da Xunta.

Ademais, coa presenza de Agustín Reguera, o edil de Cultura aproveitou para pedirlle que traslade á Xunta a necesidade de baleirar aos concellos de competencias impropias.