![]()
VILAGARCÍA O persoal municipal de Vilagarcía rematou xa os traballos de roza de maleza o que permite visualizar xa o terreo polo que discorrerá a senda peonil que bordeará a enseada do Rial.
{flowplayer}images/salnes/SENDA_PEONIL_RIAL.flv{/flowplayer}
O alcalde Tomás Fole e maila xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera, visitaron de novo a zona para concretar o trazado da futura senda. A idea é habilitar unha franxa de terreo duns dous metros de ancho pegada á costa, na que se instalará unha pasarela de madeira.
O tramo afectado é o comprendido entre o extremo norte, o que comeza na beira de Conservas Peña, e o regato que desemboca no centro da enseada, á altura da rotonda que dá acceso á Vía do Salnés. Os terreos afectan a dous propietarios, e en principio, o Concello chegou a acordo cunha das partes.
A delegación provincial de Costas xa ten reservada unha partida para esta primeira fase.
Redacción Salnés







