Somos Ribadumia critica a xestión do goberno local co proxecto do aparcadoiro da Bouza

RIBADUMIA> Somos Ribadumia critica a xestión do goberno local no proxecto do aparcadoiro da Bouza. A formación de Enrique Oubiña culpa David Castro e o seu equipo de perder máis de 500 mil euros en subvencións da deputación de Pontevedra. Piden ao goberno local máis explicacións de todo o relativo ao proxecto e máis transparencia.

O proxecto do aparcadoiro da Bouza de Ribadumia non gusta aos partidos da oposición. Non gusta o proxecto nin tampouco como se está xestionando. Así o manifestou Somos Ribadumia, que critican ao goberno de David Castro por perder ás subvencións da deputación de Pontevedra.

Segundo o goberno de Ribadumia, aínda que non ten a titularidade, si ten dereito de uso da EP- 9506, por iso recorreron a retirada das axudas. Un recursos que dende Somos consideran que non ten ningunha opción de prosperar.

Para Somos Ribadumia, a perda destas axudas supón un exemplo de mala xestión.

Tamén critican a falta de transparencia coa elaboración deste proxecto.

Segundo Somos, o proxecto podería levarse a cabo con fondos propios do concello pero sería un investimento moi grande para Ribadumia. A formación pide a David Castro que compareza publicamente para dar toda a información referida a este proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí