Unanimidade para a mellora do saneamento na rúa Luís Seoane

    plenopobra.jpgPOBRA> A actuación, que conleva outras melloras, terá un orzamento de máis de 254 mil euros e será financiada pola Deputación da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/plenopobra.flv{/flowplayer}

    Unanimidade dos tres grupos con representación municipal para dar o visto bo a esta actuación de mellora da rúa Luís Seoane que será realizada en base a dous proxectos elaborados polos servizos técnicos municipais. O primeiro deles, cun orzamento duns 140 mil euros, prevé a substitución da actual rede de sumidoiros por outra nova con separativa para as augas pluviais e fecais. A segunda das actuacións que se acometerá nesta rúa cun presuposto de 114 mil euros, conlevará a construción de novas beirarrúas, alumeado e pavimentación.

    Financiamento Deputación

    Os dous proxectos serán financiados pola Deputación da Coruña que subvencionará o 80% do custe das obras, mentres que a cantidade restante deberá ser aportada polas arcas municipais.

    Correción erro

    Durante a sesión tamén se procedeu á corrección dun erro no expediente de modificación das ordenanzas fiscais aprobado inicialmente no pleno extraordinario celebrado o pasado 25 de outubro. Un punto que saíu adiante cos votos a favor do partido Popular e os votos en contra da oposición.

    Redacción Barbanza