![]()
O GROVE> Dezaseis patos, dous pavos e outros dous capóns foi a achega que ven de repartir a Fundación Amigos de Galicia…
{flowplayer}images/salnes/entrega_alimentos_amigos_galicia.flv{/flowplayer}
… entre os máis necesitados do Grove. O reparto tivo lugar esta mañá entre 17 das algo máis de trinta familias con máis falta de axuda deste Concello.
Esta achega de hoxe completa a do venres na que máis de dúas ducias de familias recibiron un completo lote de productos típicos destas datas.
Os beneficiarios destes alimentos son aqueles que están rexistrados e certificados nos servicios sociais do Concello do Grove onde son residentes.
Todas estas axudas; así como as achegas en forma de comidas que reparten ó longo do ano, ou outras puntuais como as de material, son froito das achegas desinteresadas que se producen os 365 días ó ano polos seus colaboradores, ós que hoxe, máis que nunca lle agradecen a súa axuda.
Redacción Salnés






