Dous vixilantes da Confaría de Carril din que o seu despido e unha represalia

    VILAGARCÍA > Sen previo aviso. Así foron despedidos dous vixilantes da Confraría de Carril, segundo a súa versión. Aseguran…

    …que xa vían vir fai tempo esta medida que cualifican de represalia. Os vixilantes apuntan que durante a xornada do luns recibiron una carta na que lles indicaba que o seu despido facíase efectiva ese mesmo día. Os afectados foron nomeados polo anterior patrón maior e afirman que este despido poderá estar motivado por testificar nun xuízo contra dous parquistas por presuntas agresións a unha mariscadoras.

    Estes dous parquistas forman parte actualmente da Xunta Xeral da Confafría. Rolando e Francisco concentráranse diante da Confraría este venres as nove e media da mañá. Queren comprobar se teñen apoios e de ser así aseguran que chegaran ata o final. Queren que este despido se declare nulo.

    Dende a Confrafria o actual patrón maior Francisco Franco non quixo dala súa versión dos feitos.

    Redacción Salnés