Cambados queimará no seu entroido á FIFA e ao Mundial de Qatar

CAMBADOS> Cambados quenta motores para o entroido. A vila acollerá unha multitude de actividades para todos os públicos, incorporando novidades. O día grande vai se-lo sábado cunha gran festa infantil e moita animación musical. Ademais, vanse repartir case 14.000 euros en premios nos distintos concursos que se van organizar.

Polo que se ve, hai moitas ganas de Entroido en Cambados. Vaise celebrar entre os días 17 e 22 de febreiro. O Concello lanzou hoxe a súa programación para este ano, con máis actividadades e novidades. O programa arranca o venres cunha nova edición do concurso ‘A túa cára sóame’, na praza de Alfredo Braña. Ao día seguinte haberá moita música e, ademais, no parque de Torrado, terá lugar unha completa festa infantil.

O domingo celebrarase o tradicional desfile de carrozas, con importantes premios. O desfile, ademais, incorpora unhas bolboretas patinadores xigantes e uns homes espello. Tampouco faltará a música para amelniza-la xornada. O luns, entre tanto, terá lugar o concurso de disfraces infantil que se vai celebrar no Salón Peña, tamén con premios a repartir entre os participantes. O programa continuará o martes co baile-concurso para mozos e adultos.

Xa o mércores, teá lugar o tradicional enterro da sardiña. Ente ano, queimarán en Cambados á Fifa e ao Mundial de Qatar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí