![]()
MEIS> O concello de Meis presentou unha denuncia ante a Garda Civil ao percatarse de que un hacker informático accedera a información do concello onde figuraban diferentes datos e documentación de veciños da vila. Unha situación que este mércores, segundo confirmou o alcalde, xa está solucionada.
Un pirata informático accedeu a documentación, e a diferentes datos do concello de Meis. Os funcionarios comezaron a darse conta ao non poder acceder ao servidor onde se almacenan os datos e a non poder acceder a diferentes documentacións.
Nun primeiro momento pensaron que se trataba de un erro de sistema, pero as horas recibiron unha mensaxe na que pedían, que se querían recuperar os datos debían enviar un email a esa dirección.
Segundo o alcalde os datos xa foron recuperados case na súa totalidade, e a situación non reviste gravidade para o concello nin os veciños.
Jose Luis Pérez sinalou que nos vindeiros meses traballarase dende o concello, para mellorar a seguridade do sistema informático e evitar este tipo de situacións.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/roubo_informacion_meis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/roubo_informacion_meis.mp4{/flowplayer}










