Afectados polas preferentes encérranse no concello boirense

    encerropreferentesconcelloboiro.jpgBOIRO> A súa intención é seguir co peche de xeito indefinido para esixir unha solución ó seu problema e dese xeito chegar a poder recuperar o seu diñeiro.

    {flowplayer}barbanza/encerropreferentesconcelloboiro.flv{/flowplayer}

    Tomando coma exemplo outras comarcas, fundamentalmente na provincia de Pontevedra, afectados pola adquisición de participacións preferentes da comarca do Barbanza iniciaron un encerro no concello de Boiro. Na mobilización participan ó redor dunha setenta persoas, todo eles membros da Plataforma de Afectados Arousa Norte, que ademais dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro ou Rianxo, engloba tamén a persoas doutros municipios veciños como é o caso de Dodro, Padrón, Rois, Valga, Pontecesures, Porto do Son, Lousame, Noia ou Muros, entre outros. Segundo explicaron os propios afectados a decisión de encerrarse no concello boirense foi tomada como medida de presión para trata rde acadar unha solución ós seus problemas. Non pararán ata que recuperen os seus cartos.

    A maioría dos afectados consideran necesario unha solución política para o problema das preferentes e reclamaron que a vía da arbitraxe sexa válida para o 100% dos casos.

    Quendas todo o día

    Os afectados teñen intención de irse turnando para manter o encerro no salón de plenos do concello boirense de forma indefinida.

    Visita alcalde

    Durante o encerro os afectados tamén mantiveron un encontro co alcalde, Xoán Xosé Dieste, a quen lle solicitaron mediación no seu problema. O rexedor boirense, que non lles puxo ningún impedimento para seguir co encerro, sempre e cando se manteña por canles pacíficas, asegurou que tratará de colaborar con eles nas súas reclamacións ó considerar que se trata de algo xusto, polo que é necesario chegar a unha solución rápida.

    Redacción Barbanza