Aguiño pecha unha das mellores campañas de ourizo dos últimos anos

    RIBEIRA> A confraría de Aguiño pechou a campaña do ourizo co mellor resultado dos últimos anos. A cotización acadou máximos históricos cunha media por riba dos oito euros ó longo de toda a campaña, iniciada en xaneiro. Hai anos que o ourizo deixou de ser unha especie complementaria para converterse nun dos recursos principais da confraría de Aguiño. A presente campaña supuxo un record de capturas, cunha media de tres mil quilos ó día. Os máximos tamén se acadaron na cotización superando o quilo os oito euros. Ademais da súa rendibilidade económica, a explotación do ourizo permite diversificar o traballo dos produtores alternando con outras especies. Así, resérvanse outras zonas de percebe e ameixa para ir aperturando de forma intermitente. Nas próximas semana, abrirán os bancos de ameixas nas inmediacións de Sálvora. De cara ós próximos meses tamén se baralla a apertura da zona máis extensa de percebe.