José Luís Pérez xura o seu cargo como Deputado Provincial

    PONTEVEDRA> O Alcalde de Meis José Luis Pérez é xa Deputado Provincial logo de que esta mañá xurase…

    {flowplayer}images/salnes/toma_posesion_alcalde_meis.flv{/flowplayer}

    … o seu cargo no último Pleno da Deputación Pontevedresa por este ano 2012.

    Pérez ven así a cubrir a vacante deixada tralo pasamento do tamén alcalde popular Jorge Domínguez tras unha longa enfermidade. O rexedor de Meis ocupaba o primeiro posto de suplencia.

    Este Alcalde ven avalado polas repetidas maiorías absolutas no seu Concello desde o 1999.

    José Luís Pérez permanece á espera de coñecer a súa nova encomenda no executivo provincial; co respaldo de anos de solvencia no goberno local.

    Redacción Salnés