Lazareto denuncia agora un traslado de marisco ‘ilegal’

    rareook copia.jpg VILAGARCÍA> É a nova batalla contra as mariscadoras da Agrupación de a pé. Segundo éstas, a zona na que colleron os bivalvos está no seu plan de explotación.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaTrasladoMariscoIlegal.flv{/flowplayer}

    Parece unha batalla entre as mariscadoras e o colectivo Lazareto que non chega ó seu fin. Desta volta o que para unhas non era máis que unha xornada habitual de rareo, para outras tratábase dunha completa ilegalidade. As mulleres da Asociación de Carril baixaron á praia dispostas a coller marisco desta zona e trasladalo a outra parte do areal, máis ó centro. Para favorecer a súa cría e evitar que llo rouben os furtivos, segundo elas. Isto é o que se coñece como rareo. Pero esta rareo non foi visto do mesmo xeito polo colectivo Lazareto que fixo garda na praia e avisou a inspección pesqueira, para que se presentaran na zona e comprobaran o que estaba a pasar.

    Segundo Lazareto, zona de libre marisqueo, é dicir, aberta a tódalas confrarías da Ría, non só á asociación de Carril. Segundo a Asociación, sen embargo, zona suxeita a un plan específico de explotación, plan que lles permite levar a cabo as tarefas de rareo que consideren oportunas.

    Tamén estivo presente nesta xornada de rareo das mariscadoras a bióloga da confraría que aínda que non quixo facer declaracións á cámara, confirmou a palabras da presidenta. Dixo ser certo que a Asociación ten aprobado un plan de explotación específico, plan que foi aceptado por tódalas confrarías da ría para permitirlle ás mariscadoras de Carril traballar elas esta zona inicialmente de libre marisqueo. E con respecto á denuncia de Lazareto de estar entrando no terreo dos mariscadores de a flote, din que tampouco é certo. Posto que segundo a Asociación estes paus non son os que delimitan a zona dos rañeiros. En canto ós aparellos, tampouco hai acordo. Para unhas ilegais, para outras os que marca a normativa.

    Finalmente, despois de preto de dúas horas de garda e sen noticias dos servizos de inspección pesqueira, as mariscadoras de Lazareto decidiron deixar a praia. Agardando informarse acerca dese plan de explotación específico para comprobar se realmente a Asociación está dentro da legalidade, aínda que con moitas reticencias para crelo. As mariscadoras, alleas a todo o rebumbio remataron de trasladar o marisco.

    Redacción Salnés