O BNG cre que houbo tempo abondo para solucionar o conflicto do Revel

    robertofernandez_100_120207.jpgSANXENXO > Os nacionalistas reflexionaron onte cos veciños de Vilalonga sobre os proxectos que o equipo de goberno do PP …

    … pretende desenvolver nesta parroquia. Para empezar, o BNG quixo aclarar verdades a medias e mentiras sobre os terreos do Revel.

    bngsanxenxo_200_120207.jpgO BNG de Sanxenxo considera que Concello e propietarios da finca do Revel tiveron tempo de abondo para solucionar os seus problemas, desde que se materializou a venda en xuño de 2004. Roberto Fernández Lores fixo referencia a este asunto nunha charla celebrada onte no Centro Cultural de Vilalonga.

    Entre o público atopábase Ignacio Velón, propietario do Club Hípico do Revel, instalado na parcela que tiña comprada o goberno municipal. O asunto atópase arestora nos xulgados, e aínda que o edil nacionalista non quixo afondar neste caso, si sinalou que no momento da compra se lle dera un mes ós propietarios para desaloxar os terreos.

    Lores tamén aclarou que no Revel o Concello só dispón de 55 mil metros cadrados, dos 75 mil para equipamentos públicos que figuran para esta zona no Plan Xeral. Segundo explicou ós veciños, 50 mil foron comprados á familia Velón e os outros 5 mil a unha empresa a cambio de edificabilidade noutra zona do concello. O BNG é partidario de que o goberno local se faga coa totalidade dos terreos antes de executar a urbanización que ten anunciada. Pero ademais lanzou unha advertencia ós veciños acerca de posibles compradores – especuladores.

    Redacción Salnés