CAMBADOS> Cambados quere facerse máis atractiva de cara o Nadal. Concello e Zona Centro veñen de organizar unha ampla axenda de actividades para atraer os visitantes á vila. A intención é que consuman no comercio cambadés, aproveitando unha época do ano na que os comerciantes teñen moitas esperanzas postas.
Concello e Zona Centro están decididos a conseguir que os veciños da vila e dos arredores escollan o comercio local para facer as súas compras de Nadal.
Unha das principais novidades é a ampliación das datas do Parque de Atraccións do Salón Peña, que se prolongará dende o 23 ao 31 de decembro.
Tamén chega con novidades outros dos clásicos. Repítese o concurso de Postais de Nadal, pero este ano con premios para máis participantes.
E para seguir animando as compras, Zona Centro organiza unha campaña para premiar aos seus clientes, entre os que se repartirán vales por valor de 1.200 euros.
A campaña de recollida de xoguetes “Cada neno un xoguete”, a celebración do fin de ano por adiantado con Lacasitos o 31 de decembro ou a visita dos Reis Magos e a cabalgata o 5 de xaneiro, son outras das citas que repiten este ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/nadal_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/nadal_cambados.mp4{/flowplayer}