O obradoiro Vista Alegre forma a 32 desempregados en Vilagarcía

    VILAGARCIA> A Xunta de Galicia ven de por en marcha en Vilagarcía o obradoiro de emprego Vista Alegre;…

    {flowplayer}images/salnes/obradoiro_emprego_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … un curso de formación de seis meses no que trinta e dous mozos poderán formarse en operacións auxiliares de conservación e mellora de montes, en atención sociosanitaria e axuda a domicilio e en dinamización, programación e desenvolvemento de actividades culturais.

    O Concello de Vilagarcía escolleu estes tres eidos pola súa importancia para o municipio neste ano 2013. En primeiro termo, pola conmemoración do Centenario de Vilagarcía como cidade trala fusión do núcleo urbán cos de Carril e Vilaxoán. Outro dos talleres centrará as súas prácticas nos entornos do Monte Castriño e Pinar do Rei; co gallo de recuperar estes entornos naturais para o uso e desfrute da cidadanía.

    A outra das opcións, a da atención sociosanitaria é obvia nunha sociedade na que a poboación cada día máis envellecida require de maiores tratamentos e atencións especializados.

    Este obradoiro é un dos once que concedeu a Xunta de Galicia á Provincia de Pontevedra. Con el daranse emprego a unhas 38 persoas, entre alumnos e profesores, posto que os asistentes cobraran durante o mesmo o salario mínimo interprofesional.

    Redacción Salnés