Un showcooking no que o viño é o que manda

VILANOVA> O Obradoiro de Hostalería do Salnés fusionou esta mañá con outro dos grandes proxectos da Mancomunidade, co curso de elaboración de viños. Aproveitando a clausura desta actividade, o alumnado desprazouse ata Pazo Baión para preparar alí un showcooking.

E a base do seu traballo nesta xornada foi o viño, elemento condutor do menú que prepararon. Ademais, cada prato maridado con viños de Condes de Albarei.

Entre as propostas do día: carpacio de champiñóns con caviar de pementos ou coca con calabacín, así como varias sobremesas, como galletas ou macaróns. Uns pratos que prepara o alumnado do Obradoiro e que e son combinados con viños desta adega.

Viños que, segundo nos contan, non só casan be co peixe. As distintas opcións que ofrece Rías Baixas permiten combina-los seus viños tanto con carne como, incluso, cos pratos máis doces.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí