![]()
BOIRO> No accidente foi necesaria a intervención do equipo de excarceración do parque comarcal de bombeiros.
{flowplayer}barbanza/accidentebealo.flv{/flowplayer}
No vehículo, unha furgoneta Renault Trafic, que circulaba en dirección a Noia, viaxaban dúas persoas, unha das cales, unha moza natural de Noia, de 34 anos, que responde ás iniciais M.F.L. quedou atrapada no seu interior, polo que foi necesaria a intervención do equipo de excarceración do parque comarcal de bombeiros de Boiro e unha vez liberada foi trasladada ó hospital comarcal da Barbanza nunha ambulancia do 061 con diversas magulladuras.
Equipos emerxencias
Ademais dos bombeiros, ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Protección Civil de Boiro, Garda Civil de Tráfico e Atestados.
Redacción Barbanza










