![]()
SANTIAGO> A iniciativa Cancións x Regalos cumpre o seu terceiro aniversario e por segunda vez celebrarase na Cidade da Cultura.
{flowplayer}images/salnes/CancionesRegalos.flv{/flowplayer}
A música amosará a súa cara máis solidaria este xoves día 3 na Cidade da Cultura en Santiago. A iniciativa Cancións x Regalos cumpre o seu terceiro aniversario e por segunda vez celebrarase no Gaiás. Un concerto no que participarán seis bandas de indie de recoñecido prestixio nacional e no que a entrada é de balde. Tan só é preciso donar un agasallo que a ONG viguesa Berce repartirá o día de Reis entre os nenos que menos teñen.
Unha iniciativa que xurdíu da man de Ernie Producciones, un selo discográfico e editorial que leva traballando dende 2006.
O concerto dará comezo no Gaiás ás 18:00 horas e contará coa participación de seis grupos que actuarán uns 20 minutos cada un, tocando temas do seu repertorio e incluso algunha sopresa que fará as delicias dos presentes.
Como non costa nada e o espectáculo promete, recomendámoslles a todos vostedes que se acheguen mañá ata a Cidade da Cultura para participar de Cancións por Regalos.
Redacción Salnés







