![]()
BOIRO> Seguen os problemas co reparto postal na parroquia de Lampón. Os veciños denuncian retrasos nas entregas de ata máis de quince días.
{flowplayer}barbanza/queixascorreolampon.flv{/flowplayer}
Non se trata dun problema novo senón que hai xa meses que os veciños da parroquia de Lampón veñen tendo problemas co correo. O principal é a demora nas entregas, especialmente preocupante no caso de notificacións urxentes ou cartas certificadas.
Erros no enderezo
Tamén é frecuente que a entrega se produza no enderezo equivocado co que os destinatarios non chegan a recibir as cartas.
Xestións
Ante esta situación, a asociación de veciños A Fontenova xa ten solicitado a Correos a incorporación dun novo repartidor que cobra polo menos media xornada.
Tamén o alcalde de Boiro reuniuse co xefe territorial do servizo para solicitarlle melloras nesta parroquia.
Redacción Barbanza









