O Barbanza seguirá a estar discriminado pola Xunta

    bngorzamentosxunta13.jpgBARBANZA> O BNG amosou a súa preocupación polo esquecemento da comarca nos orzamentos da Xunta para este ano 2013.

    {flowplayer}barbanza/bngorzamentosxunta13.flv{/flowplayer}

    Antes de facer balance do que estes presupostos da Xunta van significar para o Barbanza, a deputada do BNG, Ana Pontón, fixo unha análise xeral do proxecto orzamentario para este ano 2013. Segundo ela trátanse duns presupostos continuistas e que veñen a amosar que o goberno presidido por Feijoo non ten ningunha estratexia para facerlle fronte á crise.

    Dúas únicas partidas

    Dende o BNG barbanzán apuntan a que os investimentos na comarca para este ano 2013 van a ser cero e só están previstas dúas partidas. Unha de apenas 22 mil euros para melloras no equipamento do hospital e outra de 1’1 para a construción dos colectores xerais e q EDAR de Corrubedo.

    Declive da comarca

    Dende o BNG considera que os orzamentos non pararán o declive desta comarca, que xa se observa na suba no número de desempregados experimentada no último mes. A través de emendas que presentarán á totalidade do documento orzamentario, os nacionalistas tratarán de que se teñan en conta as principais necesidades do Barbanza.

    Redacción Barbanza