O cribado masivo en Ribeira permite controlar a cadea de contaxios coa detección de catro asintomáticos

RIBEIRA> A pesar de que Ribeira continúa en nivel de alerta vermello, os resultados do cribado poboacional realizado a finais da pasada semana fan pensar no optimismo. Tan só se detectaron catro positivos entre as preto de catro mil probas realizadas entre os cidadáns comprendidos entre os corenta e os cincuenta anos.

O cribado masivo levado a cabo en Ribeira permitiu recuperar o control sobre a cadea de contaxios ó detectar catro positivos asintomáticos entre as preto de catro mil probas realizadas.

Estes resultados fan pensar nunha tendencia positiva ante a favorable evolución dos casos positivos que se traducirán en altas nos próximos días permitindo previsiblemente que Ribeira abandone o nivel máximo de alerta.

Afástase polo tanto a necesidade de ter que aplicar medidas máis restritivas, unha posibilidade que segundo explica o alcalde non se chegou a plantexar.

A pesar da mensaxe tranquilizadora, o alcalde insta á veciñanza a non baixar a garda e extremar as medidas de precaución para vencer o covid.